A CIG tacha de ‘despropósito’ a situación da Residencia Santo Anxo

    fotoanxocopia.jpg VILAGARCÍA> Segundo o sindicato este centro para persoas maiores está a incumprir a normativa vixente en varios puntos.

    {flowplayer}images/salnes/CigResidenciaSantoAnxo.flv{/flowplayer}

    Este escrito que a Cig remitiu á conselleira de traballo e benestar, e tamén ó valedor do pobo, relata as presuntas deficiencias que se están a dar no centro.A falta ademais de 3 días para a celebración do xuízo das traballadoras da empresa que piden a rescisión do seu contrato, ó ter acumulada unha débeda de 8 meses e medio.

    A primeira das irregularidades que denuncia o secretario comarcal é a carencia dunha figura de director que actúe como responsable do que ocorre na residencia. A isto sumaríase o feito de ter atopado medicación ó alcande dos usuarios ou alimentos que teñen superada a data de consumo preferente. A

    demais nesa inspección tamén se poñía de manifesto a necesidade de contratar persoal para levar a cabo os servizos de fisioterapia ou animación sociocultural. E dun traballador máis para a quenda de noite. Elementos todos estes que segundo a Cig continúan sen resolverse.

    O motivo fundamental para facer público este informe, segundo Xoan Xosé Bouzas, é o feito de que a Xunta decidira renovar o convenio a esta empresa ata o ano 2012.

    O sindicato considera que se trata dunha situación límite e que dende a Consellería se teñen que tomar medidas.

    Redacción Salnés