Jealsa diversifica a súa producción con alimentos para mascotas

    visitaconselleirojealsa_100.jpgBOIRO> O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra visitou as instalacións da planta acompañado do presidente da compañia, Jesús Alonso.

    Acompañado do Presidente da conserveira Jealsa Rianxeira, Jesús Alonso, o conselleiro de Economía e Industria visitou a nova planta para a elaboración de comida para mascotas, bautizada co nome de Pet Food.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiroindustriajealsa.flv{/flowplayer}

    Este proxecto, nacido ó abeiro do Concurso Eólico de Galicia, supuxo un investimento de oito millóns e medio de euros e a creación de trinta e seis novos postos de traballo, xa se suman ós máis de tres mil cincocentos que conforman o cadro de persoal do Grupo Jealsa. Segundo indicou o presidente da conserveira, está previsto que a nova liña produza máis de cen millóns de envases ó ano, o que suporá unha facturación estimada de aproximadamente vinte e cinco millóns de euros.

    Tecnoloxía de envasado

    Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria manifestou que a Xunta de Galicia confía nas posibilidades de desenvolvemento do concello de Boiro e do seu potencial económico, que poderá ser aproveitado por moitos emprendedores.

    A instalación da planta de Pet Food está orientada á posta en valor dos subproductos resultantes do proceso de elaboración de conservas para a fabricación de alimentos de mascotas, ca aplicación da robótica industrial máis moderna. Tamén contan ca empresa Coren como provedor de produtos cárnicos e ca implicación de Mercadona para a distribución. A empresa desenvolve receitas premium ademais realiza probas para empregar un novidoso envase plástico neste tipo de alimentos.

    Non é a primeira incursión da firma boiresa no mundo do alimento para animais xa que a compañía conta entre as súas filiais ca empresa Tunaliment, situada na Pobra, e ca que ven fabricando dende hai dúas décadas variedades de alimentos húmidos para cans e gatos enmarcados no segmento de alta calidade.

    Redacción Barbanza