Xunta e Igape reafirman a súa aposta pola salvación de Alfageme

    alfagemeconselleiro2 copia100.jpgPONTEVEDRA> O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, pediu paciencia os sindicatos e convocounos a unha nova xuntanza a vindeira semana.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_INDUSTRIA_ALFAGEME_XUNO2011.flv{/flowplayer}

    Segundo o Conselleiro, os atrasos que está a vivir o proceso de venda débense á falta dunha data concreta que finalice o prazo de presentación de ofertas.

    Nos últimos días, as traballadoras e as diferentes centrais sindicais manifestaron a súa preocupación pola posible retirada da oferta de El Consorcio pola tardanza do proceso. Sen embargo, nun consello extraordinario celebrado onte, o Igape volveu aprobar o acordo previo.

    CIG, CCOO e CGT amosáronse máis tranquilos despois da xuntanza desta tarde. Os tres sindicatos aseguraron que traballarán conxuntamente coa administración concursal para aclarar as dúbidas relativas ós prazos, co obxectivo de evitar que se dilaten en exceso.

    A pesares de que as traballadoras de Alfageme representadas pola CIG concentráronse durante toda a tarde ante o edificio da Xunta en Pontevedra, as tres centrais sindicais anunciaron que cancelarán as mobilizacións ata a vindeira semana, ante a promesa do Conselleiro de celebrar unha nova reunión para continuar cos avances.

    Redacción Salnés