X.L. Piñeiro: ‘Non entendemos toda esta polémica’

POBRA> O executivo local quixo contestar hoxe á chamada realizada hai uns días polo pai de Diana Quer, a través dunha rede social, na que criticaba o feito de que a súa familia non tivera a día de hoxe, seis anos despois do macabro suceso, un lugar digno onde honrar a memoria da súa filla. Un feito que non gustou no Concello, ó entender que non son as formas de facelo, xa que as súas palabras suscitaron unha fonda polémica.

Sinalan ademais que dende un primeiro momento o Concello sempre se entregou coa familia de Diana, negando discriminación algunha cara unha muller que sufra violencia de xénero, tal e como deixan entrever as palabras de Juan Carlos Quer.

Dende o goberno pobrense afirman ademais de que foi a falla dunha partida orzamentaria específica e a posterior irrupción da covid o que provocou que se pospuxera ata o de agora a decisión de construír unha escultura en homenaxe ás vítimas de violencia de xénero, dando así cumprimento ó acordo plenario, pero que a idea é levala a cabo,  polo que en breve se abrirá un concurso de ideas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí