O temporal no mar desabastece os mercados de peixe e marisco

    POBRA> O sector do mar encadea varios días seguidos de temporal o que se está a traducir no desabastecemento dos mercados. Pouco peixe e máis caro nun mes no que, xa de por si, adoitan descender as vendas. Mercados como o da Pobra presenten estes días un aspecto moi distinto ó habitual. Apenas clientes e pouco peixe xa que, o que hai, non ten moita saída. O incremento dos prezos nótase especialmente nalgunhas especies como o xurelo, motivado principalmente polo paro do cerco que fai que apenas se descargue esta especie nos portos galegos. Pola contra, outros peixes mantéñense ou mesmo cotizan á baixas. O parón das vendas non é só resultado do temporal na mar senón do mal tempo en terra. A chuvia non favorece a afluencia de clientes nunha semana especialmente complicada pola proximidade do Día de Defuntos.