‘Non é un proxecto excesivamente costoso que si se pode afrontar’

    touris_pontecesurescopy.jpgPONTECESURES> Así o confesou Cores Tourís, ó termo do encontro coa nova corporación, referíndose ó proxecto de recuperación dos mananciais de auga.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_TOURIS_PONTECESURES.flv{/flowplayer}

    Os líderes das seis formacións que obtiveron representación no concello de Pontecesures asistiron a esta xuntanza co Delegado da Xunta que se celebrou no salón de plenos. Un encontro breve no que tanto o goberno local como a oposición lle transmitiron as necesidades que precisa o municipio.

    Entre elas a recuperación dun espazo de lecer na zona de Xan Xulián, a creación dun centro socio-cultural, a instalación de pasos elevados no centro da vila, a recuperación integral do peirao ou a ampliación do comedor escolar. Segundo o alcalde, todas elas prioritarias.

    Pola súa banda, o Delegado da Xunta puxo de relevo o proxecto de saneamento da ría de Arousa que tamén beneficiará a Pontecesures e que xa é unha realidade dado que as obras comezarán nun breve período de tempo.

    En relación á recuperación das minas de auga que brotan no concello, sinalou que xa existe tamén un proxecto que foi presentado no Fondo de Compensación Medio Ambiental.

    Con todo, Cores Tourís mostrou a súa dispoñibilidade a colaborar, na medida do posible, coa nova corporación. E matizou que seguirán traballando para que se cumpran aquelas iniciativas que xa están proxectadas e que estudarán aquelas outras que lle propuxeron.

    Redacción Salnés