SANXENXO> O naufraxio tamén marcou a axenda de Sanxenxo. A corporación municipal realizou un Pleno Extraordinario para decretar tres días de loito oficial polo tráxico suceso, que se cobrou a vida de tres mariñeiros a falla de un que aínda segue desaparecido.
Caras de consternación, de tristeza e de moita dor as que se viron, este xoves, no salón de plenos de Sanxenxo. O municipio non é alleo a dor causada polo afundimento do “Sin querer 2” e por iso a corporación municipal decidiu decretar o loito oficial ata as 24:00h do vindeiro día 22 de decembro.
“Non morre quen se vai, só morre o que se esquece, e o concello de Sanxenxo non vos esquecerá xamais”, así remataba o comunicado do consistorio, que se facía público este xoves, co gaio do terrible suceso acontecido onte cerca de Fisterra e que se cobrou, contra todo pronóstico a vida de catro cambadeses, a falla de que aínda apareza o último tripulante.
O “Sen querer 2”, antigo “Praia de Portonovo”, era un barco de 26 metros de eslora, con base en Portonovo, un pesqueiro moi coñecido polos veciños da vila. Entre a súa tripulación había veciños de Portonovo, aos que a Corporación enviou ánimo nestes momentos difíciles.