CC.OO prepárase en Arousa para as eleccións sindicais

    ccooarousa_100_161006.jpgVILAGARCÍA > 2007 será o punto álxido das eleccións sindicais en España. CC.OO de Arousa celebrou en Vilagarcía unha reunión …

    … coa executiva do sindicato nacional para planificar o traballo nos vindeiros meses. Na xuntanza tamén estivo o número dous da Confederación Sindical José Luis Sánchez.

    Comisións Obreiras segue avogando polo diálogo, tanto coas administracións como coa patronal para mellorar as condicións sociais e laborais dos traballadores. Así se presenta esta organización ás eleccións sindicais que se están a celebrar nestes momentos en moitas empresas españolas e que terá o seu punto álxido o vindeiro ano. ‘Nos presentamos como un sindicato autónomo, comprometido en defender as demandas dos traballadores’, asegura José Luis Sánchez, secretario xeral de Organización e Formación da Confederación Sindical de CC.OO.

    O número dous da Confederación Sindical de Comisións Obreiras participou hoxe en Vilagarcía na reunión entre as executivas comarcal e nacional para analizar o traballo intenso que queda por facer, sobre todo de cara a renovación dun importante número de delegados sindicais nas empresas.

    Na xuntanza tamén se analizou o diálogo social. En Arousa, o sindicato reclama máis predisposición por parte das forzas económicas para conseguir un maior e mellor tecido industrial. En Galicia, CC.OO destaca algúns acordos co bipartito pero segue reclamando achegas en materia de políticas e servizos sociais, infraestructuras, I+D, ou políticas industriais. Neste sentido tamén valoraron hoxe os cambios en direccións e accionariado de empresas galegas. Segundo o secretario xeral de CC.OO Galicia, Xan María Castro, isto ‘é producto da improvisación das políticas industriais en Galicia’.

    Redacción Salnés