Vilagarcía e Vigo apostan pola mellora das conexións

     

    Vilagarcía> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu hoxe no concello, ao seu homónimo de Vigo, Abel Caballero. Ambos alcaldes mantiveron unha reunión, acompañados por integrantes dos dous executivos, na que intercambiaron diferentes opinións sobre políticas sociais.

     

    O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu hoxe na casa do concello a Abel Caballero, alcalde de Vigo. Ambos socialistas intercambiaron impresións, nunha reunión previa a rolda de prensa, como se atopan as comunicacións entre as dúas cidades.

    Unha reunión que durou case unha hora, e na que tamén se abordaron temas de outra índole, como as políticas sociais.

    Visita de cortesía ou non, o que queda claro é que esta reunión serviu para asentalas bases de novos proxectos que poidan relacionar a ambos concellos. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/reunion_varela_caballero_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/reunion_varela_caballero.mp4{/flowplayer}