Os viticultores colaboran cos concellos para desinfectar as rúas

MEIS> Un sector que non para é o da viticultura. Os viñedos entran agora na etapa da brotación. Mentres realizan as tarefas, as adegas toman medidas para protexer aos seus traballadores. Tamén colaboran cos concellos para axudar na desinfección das rúas.

Nesta situación de estado de alarma, un sector que non se pode permitir parar é o agrícola. No caso da viticultura, os viñedos comezan a agromar. Grazas á boa climatoloxía non é necesaria a realización de grandes tratamentos, pero os viticultores aconsellan combater o mildiu antes de que cheguen as choivas.

Os viticultores continúan cos traballos pero tomando as medidas necesarias para protexer aos seus traballadores.

As adegas tamén colaboran cos concellos cedendo a súa maquinaria para axudar na desinfección das rúas.

Dende as adegas piden aos viticultores sentido común nestes momentos tan complicados, que tomen as medidas necesarias de precaución e que non aproveiten os permisos de traballo para andar de paseo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí