VILAGARCÍA > As Cámaras de Comercio de Pontevedra pertencentes ó Foro Galego de Comercio coñeceron en Vilagarcía…
… o Anteproxecto de Lei de Ordeación do Comercio Interior de Galicia e a Lei de Horarios Comerciais que se aprobará próximamente.
O presidente do Foro Galego do Comercio, Xosé Bangueses explicoulles ós socios pontevedreses como regulará a nova lei que está a piques de aproba-lo Parlamento Galego temas tan importantes como os horarios ou a apertura dominical. Segundo o pequeno comercio, o documento recolle as súas principais pretensións nambolos dous temas, limitando a actuación das grandes superficies e dos comecios orientais.
Neste senso a Lei de Horarios Comerciais limita a 150 os metros dos establecementos que poderán abrir tódolos domingos do ano, e establece um número de 8 domingos ó ano de apertura. Deste xeito os pequenos comerciantes consideran que se establece un marco normativo que permite conciliar a vida familiar e laboral destes traballadores que xeran máis do 13% do P.I.B. galego asi como o 15% da ocupación en traballo estable, acadando ó mesmo tempo unha alta cota de traballo feminino.
Ó encontro asistiron numerosos representantes das Cámaras de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, encabezada ésta polo seu presidente, Carlos Oubiña, que mostrou o seu total apoio ó sector do pequeno comercio. A xuntanza rematou cun xantar no que tódolos socios puideron intercambiar opinións e falar sobre a situación das súas respectivas asociacións.
Redacción Salnés