Fole quere o consenso para as súas propostas económicas

    economiatomasfole copia100.jpgVILAGARCÍA> A austeridade e o aforro marcan as propostas económicas que o goberno levará ó pleno de organización do vindeiro luns.

    {flowplayer}images/salnes/PROPOSTAS_ECONOMICAS_FOLE.flv{/flowplayer}

    Austeridade e aforro son as dúas liñas principais que segundo Tomás Fole seguirán as propostas económicas que o novo grupo de goberno do PP de Vilagarcía levará ó pleno de organización do vindeiro luns.

    Ademais das cuestións económicas, Fole insistiu na intención do novo goberno de garantir a representación de todas as forzas políticas no maior número de órganos que sexa posible na busca da transparencia e a colaboración. Un obxectivo para o que tamén se institucionalizará unha xunta de voceiros previa ós plenos ordinarios do concello.

    Unhas medidas sobre as que o alcalde vilagarcián agarda conseguir o apoio das demais forzas políticas.

    Tomás Fole tamén asegurou que se está a traballar sobre estas medidas para que estas medidas poidan conseguir un apoio unánime na cita do vindeiro luns no salón de plenos do concello.

    Redacción Salnés