VILAGARCÍA > ¿Lles gustaría irse de vacacións?, as persoas que esta mañá recibiron as súas viaxes no Concello Vilagarcián están esperándoas con moita ilusión. Este ano os maiores marcharán a Lloret de Mar. Para algúns está é a primeira vez que realizan unha viaxe polo que hoxe estaban feitos un feixe de nervios , outros son veteranos e para eles o importante e levar moita “marcha” nas maletas.
As viaxes sempre fan ilusión pero está é aínda maior si se trata de persoas maiores. Como todos os anos o concello de Vilagarcía entregou os billetes as persoas da terceira idade que participaron nas viaxes do INSERSO organizadas polo concello. Este ano o destino é Lloret de Mar aínda que esto é o de menos, o máis importante son as perspectivas coas que cada ano estas persoas se enfrontan as viaxes. Unha forma de devolverlles o espírito da xuventude que nunca deben perder.
Facer cousas diferentes, bailar, coñecer amigos e compartir ilusións cos compañeiros son algunhas das cousas que se realizan nestes viaxes. Ademais contan co apoio do concello, cando se atopen no seu destino poden chamar a calquera hora do día ou da noite ós técnicos municipais de Vilagarcía, eles lles solucionaran os problemas que lles xurdan. Seguro que a moitos mozos lles dan envexa, só teñen que esperar algúns anos máis. Boa viaxe para todos.
Redacción Salnés