PONTEVEDRA> Melchor, Gaspar e Baltasar son os protagonistas desta noite máxica en todo o país. Pasada a media noite comezarán a visitar ós…
{flowplayer}images/salnes/visita_reis_magos.flv{/flowplayer} .
.. fogares das Rías Baixas para deixar, sobre todo ós máis pequenos da casa, os agasallos que pediron mediante carta, emails e mesmo chamadas telefónicas.
Os Reis serán quen de cumprir todos estes desexos e máis. Para os Pais e Nais aseguran que van a traer traballo e para os pequenos xoguetes. Todo é pouco para ás Súas Maxestades grazas ás súas dotes máxicas cas que poden mesmo sortear á crise.
Antes da súa visita, e tras recorrer tódolos Concellos das Rías Baixas en cabalgata, precisan repoñer forzas, co que compre deixar un refrixerio para que poidan levar mellor a noite. Leite con galletas é unha das súas preferencias, pero tamén gustan de turrón, bombóns, caramelos ou outros petiscos. E é que os Magos, ó ser tres, son os máis farturentos en canto ós regalos, razón pola cal, son os preferidos dos nenos das Rías Baixas, moi por diante do Pai Noel.
Redacción Salnés