Vilagarcía desfila para promocionar o pequeno comercio

    defilezonaaberta copia100.jpgVILAGARCÍA> Zona Aberta e o seu equipo de 120 modelos de todas as idades converteron a rúa Castelao nunha pasarela chea de glamour.

    {flowplayer}images/salnes/DESFILE_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Zona Aberta e o seu equipo de 120 modelos de todas as idades converteron a rúa Castelao nunha pasarela chea de glamour. Centos de veciños non quixeron perder a oportunidade de desfrutar desta iniciativa, coa que o pequeno comercio de Vilagarcía amosou os seus clientes todas as posibilidades que poden atopar nas tendas do casco urbano arousán.

    A apertura do desfile correu ó cargo dun neno montado nunha vespa eléctrica. Despois del, pola alfombra vermella pasaron xoguetes, flores, roupa, calzado e todo tipo de artigos presentados por 35 establecementos socios de Zona Aberta.

    E como en todo desfile que se prece non faltou o invitado de honra, papel que recaeu no conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Tampouco quixo perder o evento o novo alcalde vilagarcián, Tomás Fole.

    Con esta exitosa iniciativa, Zona Aberta abre por todo o alto a súa nova campaña promocional para este ano, baixo o nome “De todo e para todos”.

    Redacción Salnés