CAMBADOS> Éxito de asistencia no primeiro foro do mar organizado en Cambados por Agtamar Upta. A xornada tiña como obxectivo que os traballadores do mar puidesen trasladar as súas inquedanzas directamente ás administracións. O foro foi inaugurado polo ministro José Luís Escrivá.
O concello de Cambados acolleu cun éxito de asistencia a celebración do primeiro foro do mar. A xornada organizada por Agatamar Upta tiña como obxectivo que os traballadores e traballadoras do mar puidesen trasladar as súas inquedanzas directamente ás administracións.
O acto foi inaugurado a través de videoconferencia polo ministro José Luís Escrivá. O ministro sinalou as liñas de axuda que o goberno destinará ao sector do mar así como as partidas do plan de recuperación.
A xornada centrouse especialmente nas mariscadoras e na importancia dos traballadores do mar como dinamizadores da economía local e polo seu coidado do medio ambiente.
A programación comezou co relatorio da directora do ISN, María Elena Martínez, e continuou con diferentes mesas redondas centradas na igualdade, na sustentabilidade medio ambiental e na prevención no traballo e enfermidades profesionais. A xornada foi clausurada polo propio presidente de Agtamar Upta Eduardo Abad.