Un incendio provocado queima unha hectárea de terreo en Cambados

    bomberos copia100.jpgCAMBADOS> Declarábase ó redor das tres e media da tarde preto da ponte de Covas de Lobos. As lapas provocaron alarma na zona pola súa proximidade ás casas.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_BARRANTES.flv{/flowplayer}

    Ó redor das tres e media desta tarde, declarábase un pequeno incendio preto da ponte de Covas de Lobos, entre os concellos de Ribadumia e Cambados. As lapas provocaron alarma na zona pola súa proximidade ás casas e ó alcanzar a vía rápida do Salnés.

    Finalmente, aproximadamente unha hectárea de terreo resultou calcinada, afectando unha parte da zona da Xunqueira, de titularidade pública, e unha finca privada. Nun principio, os indicios apuntan a que foi provocado e non debido á vaga de calor.

    Ata o lugar desprazouse unha dotación de bombeiros do parque comarcal do Salnés, que conseguiu controlar as lapas ó redor das cinco e media da tarde. Sen embargo, estes profesionais denunciaron a falta de efectivos, ó non contar con persoal contratado especificamente para o control dos incendios forestais. De feito, unicamente tres bombeiros estaban de garda nese momento, sendo precisa a participación de seis compañeiros dos que se atopan en folga para conseguir a extinción total do incendio.

    Redacción Salnés