Hoxe comeza unha nova edición do magazine Verán Verán

    O SALNÉS> Verán Verán volve de novo ás súas pantallas.Este programa de entretemento e lecer da temporada estival estrease esta noite,de xeito…

    {flowplayer}images/salnes/veran_veran.flv{/flowplayer}

    … case simultáneo en dez televisións de ámbito comarcal: Santiago Tv, Localia Coruña, Radio Televisión Ferrol, A7 Lugo, Televinte Chantada, Telemiño en Ourense, Canal Tea, Dez TV, Televigo, e como non a Sete Canalriasbaixas, encargada da producción e coordinación dos seus contidos. O escenario principal deste programa volve a ser o Hotel de 5 estrelas, Augusta Spa Resort e outras localizacións de Sanxenxo, desde onde lles ofreceremos as actuacións máis refrescantes, entrevistas con destacados persoeiros e, sobre todo, as reportaxes máis vistosas sobre novidades e as posibilidades turísticas da nosa comunidade neste verán 2011.

    De aquí a finais de agosto este magacine será visto por arredor de un millón de persoas ó longo e ancho de toda Galicia. Nesta primeira edición, para ir abrindo boca, contaremos ca presencia da alcaldesa anfitriona, Catalina González, co que vai a ser de novo o vindeiro ano o único piloto galego no Ralli Dakart, o empresario José López Rivas, e co actor Manuel Millán; e ca actuación do grupo compostelán Dogma; así como outras actuacións e entrevistas en diferido a xente tan coñecida como son Soraya ou o grupo Vetusta Morla, entre outros. Verán Verán emitirase en torno ás 10.30 da noite na Sete canalriasbaixas e na canle 134 da plataforma R, así como na permanentemente na páxina web www.canalriasbaixas.tv.

    Redacción Salnés