Nace a Asociación Amigos do Belén para converter ao nacemento de Vilanova nun referente da comarca

VILANOVA>  Nace en Vilanova a asociación “Amigos do Belén”. A iniciativa xurde dun grupo de veciños que recupera unha das tradicións máis destacadas do Nadal. O obxectivo é que a representación do nacemento da Pastoriza sexa referente na contorna.

O paso do tempo fai que moitas tradición queden no esquecemento. Algunhas que nos parecen tan habituais como os beléns pouco a pouco están desaparecendo. Para recuperar a tradición, sete veciños de Vilanova montaron unha representación do nacemento na igrexa da Pastoriza.

O que lles levou a dar este paso é ver que moitos nenos e nenas descoñecían o que era un belén.

Para que este proxecto non quede só nun ano, os organizadores crean a asociación “Amigos do Belén”. O obxectivo é crear unha recreación do nacemento que sexa referencia en toda a comarca.

O belén ten unhas dimensións de 12 metros cadrados e ademais das pezas que atoparon pola parroquia, os veciños tamén tiraron de imaxinación.

Dende o concello felicitaron á organización pola súa iniciativa e desexan que tanto a veciñanza como os máis pequenos se acheguen a visitar o belén da Pastoriza. O horario de visitas será de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas con posibilidades de aumentalo segundo a demanda. A asociación asegura que o éxito do belén dependerá do número de nenos e nenas que o visiten.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí