VILANOVA> O Pazo vilanovés de Vista Real acolleu esta mañá un seminario co que o concello busca potenciar a creación de empresas.
{flowplayer}images/salnes/CURSOS_VILANOVA.flv{/flowplayer}
O Pazo vilanovés de Vista Real acolleu esta mañá un seminario co que o concello busca potenciar a cultura emprendedora entre a xuventude. Ó redor de 20 mozos asistiron a esta convocatoria do goberno local, que comprometeu o seu apoio ás iniciativas que poidan xurdir.
Este seminario foi o primeiro dunha serie de iniciativas deste tipo que agardan convocar dende o concello de Vilanova. Unhas charlas coas que buscan completar outras posibilidades que ofrece o goberno local para fomentar a creación de negocios, como o viveiro de empresas que tamén acolle Vista Real.
Unha toma de contacto para a que Gonzalo Durán ofreceu todo o apoio dos medios e empregados do concello.
Durante a charla, os poñentes expuxeron diferentes exemplos de experiencias exitosas no mundo empresarial. Ademais, contaron coa testemuña en primeira persoa de Patricia Oubiña, da cooperativa Condes de Albarei.
Redacción Salnés