Kaldarte trae a polémica de novo a Caldas cunha escultura de Franco

    franco100_090708.jpgCALDAS > Unha fonte cun busto de Franco é o que preside estes días a entrada dos xardíns. A polémica está servida …

    {flowplayer}images/salnes/estatua_franco_caldas.flv{/flowplayer}

    CALDAS > Caldas e o seu programa Kaldarte están hoxe máis de actualidade que nunca. Nesta ocasión unha das propostas máis polémicas é a do autor madrileño Fernando Sánchez Castillo, que colocou unha fonte cun busto de Franco no paseo que dá entrada ós xardíns e á carballeira. Buscaba provocar e conseguiuno, algo que aplaude o goberno local.

    A única queixa recibida veu do BNG local, que esixe a retirada inmediata da escultura ó considerar que atenta contra a dignidade do Concello. Acusa de irresponsable ó alcalde por permitir a súa colocación cando outras administracións traballan pola recuperación da memoria histórica. O alcalde afirma que ten ‘un pedigree antifranquista moi logrado’ e di que a obra non se retirará ata que rematen as festas, ó igual que o resto das pezas de Kaldarte.

    Esta fin de semana celébrase o festival Cultura Quente en Caldas e como outros anos, porase vixilancia ás esculturas de Kaldarte. Pese á polémica, o alcalde confía en que a fonte de Franco non sufra danos. Polémica ou non, coa calor haberá quen non se resista a botar un grolo desta fonte.

    Redacción Salnés