Detido un monitor do Club Náutico por colocar unha cámara no vestiario

    fotonauticocopia.jpg PONTECESURES> Supostamente as rapazas descubriron no vestiario unha cámara de vídeo camuflada nunha caixa de ferramentas.

    {flowplayer}images/salnes/DetencionMonitorNauticoPontecesures.flv{/flowplayer}

    A denuncia foi interposta por un grupo de alumnas de piragüismo deste Club Náutico, de entre 14 e 16 anos. As rapazas presentáronse no cuartel de Valga xunto coas súas nais, despois de descubrir no seu vestiario unha cámara de vídeo, que supostamente as estaría grabando mentres se cambiaban.

    A cámara estaría agochada nunha caixa de ferramentas, que as rapazas abriron ó resultarlles extrana a súa presenza. Tras prestar declaración nas dependencias policiais, o monitor foi posto en liberdade.

    A operación continúa aberta e axentes da Garda Civil xa levaron a cabo rexistros tanto no Club Náutico como no domicilio do imputado, onde poderían ter incautado un ordenador.

    Aínda que as instalacións son municipais o alcalde dixo esta mañá que dende o Concello non tiñan máis datos acerca deste tema. Pero aproveitou para mandar o seu apoio ó presidente da entidade.

    Tamén destacou Angueira que non se pode esquecer a boa labor levada a cabo pola entidade nin manchar o nome do conxunto do Club.

    Nada máis coñecer a noticia a directiva decidiu apartar do Club a este monitor, de formar inmediata.

    Redacción Salnés