‘En Carril buscaremos o recoñecemento para estes barcos’

embarcacionstradicionais copia.jpg VILAGARCÍA> O presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial presentou o X Encontro de Embarcacións Tradicionais. Comeza este xoves.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_ENCONTRO_EMBARCACIONS_TRADICIONAIS.flv{/flowplayer}

No peirao de Vilaxoán xa está atracados desde a fin de semana algúns dos 160 barcos que se agarda que participen no décimo encontro de embarcacións tradicionais. Concentraranse en Carril a partir do xoves. Ese día o peirao carrilexo converterase ata o domingo nun museo ó aire libre no que poder observar os navíos máis variados e chegados desde diferentes puntos de Galicia, País Vasco, Andalucía, Cataluña, Portugal, Francia ou Irlanda. Velos, e embarcar neles.

Parello a estas saídas ó mar desenvolveranse exposicións de temática mariñeira, concertos de música en directo, obradoiros ou as charlas que centrarán as xornadas técnicas sobre turismo e embarcacións tradicionais. Comezarán o mesmo xoves ás nove e media da mañá na Casa do Mexillón, en Vilagarcía.

Esta décima edición do encontro coincide coa celebración do 20 aniversario da recuperación da lancha xeiteira, un fito que propiciou o nacemento da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, encargada de impulsar estes encontros. A última edición celebrouse hai dous anos en Muros, e desde os seus comezos no 1993, pasou por municipios como Ribeira, O Grove, Rianxo, Poio, A Illa ou Cambados.

Redacción Salnés