VILAGARCIA> Xornada de mobilizacións dos traballadores de Correos na porvincia de Pontevedra. Convocados por CCOO, demandan máis persoal para as oficinas de atención ao público. Unha situación, din, que se repite en toda España. Na nosa contorna falan de puntos críticos como a oficina de Vilagarcía, onde debería haber seis traballadores pero só hai tres. Falan dun tempo de espera mínimo para os usuarios de media hora, así como retrasos no reparto de paquetería e correspondencia. Avanzan que logo do verán se mobilizarán por toda a provincia esixindo solucións.
Os traballadores de Correos na provincia de Pontevedra saíron este luns á rúa. Convocados por CCOO, denuncian a falta de persoal nas oficinas da provincia, cun impacto na calidade do servizo e nos seus usuarios.
Unha falta de persoal, explican, que afecta a toda España. A provincia de Pontevedra non é allea a esta problemática. Un dos puntos quentes é esta oficina da rúa do Río de Vilagarcía.
Unha falta de persoal que tamén afecta ao servizo de reparto.
Para despois do verán, avanzan novas protestas.
Máis alá da falta de persoal, aproveitan para denunciar tamén que levan co convenio caducado dende o 2013 e que cada vez ven máis recortados os seus dereitos.











