Sanxenxo veta o uso do pantalón curto ou o chándal aos taxistas

SANXENXO> A nova ordenanza de taxis de Sanxenxo segue dando que falar. A nova normativa inclúe tamén unha serie de normas sobre a vestimenta dos taxistas. Entre elas, non se permite o uso de pantalóns curtos, chándal ou camiseta de tirantes. No Concello explican que con isto pretenden mellora-la imaxe do servizo.

Sanxenxo vén de adapta-lo seu regulamento de taxis á normativa actual. A nova ordenanza contempla tamén unha serie de aspectos que deberán ter en conta os taxistas á hora de vestir. Por exemplo, non poderán usar pantalóns curtos, chándal, chanclas ou camisetas de tiras cando van ao volante. No Concello indican que a medida busca mellora-la imaxe do servizo.

Dende o goberno local indican que a prohibición de usar pantalón curto xa se contemplaba no anterior regulamento, aínda que non sempre se cumpría por parte dos taxistas. A medida, con todo, xera discrepancia entre veciños e visitantes. Moitos opinan que, máis alá da imaxe, o importante é que os profesionais do volante poidan face-lo seu traballo do xeito máis cómodo.

Máis alá da cuestión da vestimenta, a nova ordenanza recolle outros aspectos novidosos. Entre eles, modificouse o número de prazas en determinados modelos de vehículos, pasando de sete a nove. Tamén se incorpora a imaxe corporativa do Concello, ao tempo que se retiran os teléfonos fixos das paradas.

O concelleiro salienta que o do taxi segue a ser un servizo con boa demanda en Sanxenxo, en especial nos meses do verán. Na actualidade en Sanxenxo hai 8 paradas de taxi e 27 licenzas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí