Os comerciantes din ‘non’ á fusión das caixas

    consorcio_fusion_caixas_100_291209.jpgCAMBADOS> O Consorcio do Comercio do Salnés vén de presentar dez razóns polas que Caixanova e Caixa Galicia non se deberían unirse.

    {flowplayer}images/salnes/291209_consorcio_fusion_caixas.flv{/flowplayer}

    Monopolio financeiro, drástica redución dos recursos destinados a obras sociais, incremento de custos para os clientes e afastamento da sociedade. Nestes catro puntos poderíase resumir o ‘Decálogo do non’ presentado esta mañá polas asociacións de comerciantes do Salnés. Manifestan así a súa completa oposición a unha posible fusión das caixas de aforro galegas. Argumentan que nin é o momento axeitado, nin lles serve o discurso de que unha entidade de maior tamaño ofrecerá maiores garantías.

    Segundo os comerciantes, a fusión deixaría na rúa a 2.000 persoas e terían que pechar 300 oficinas. Isto suporía non só unha perda de contacto directo cos clientes, senón tamén importantes desvantaxes para os usuarios, xa que como estima o presidente do Consorcio, Marcos César González, a menos servizos, pero oferta e menor competencia.

    González insiste en que as pemes serían unhas das principais prexudicadas, xa que se perdería sensibilidade cos proxectos locais. Ademais, o Consorcio do Salnés calcula que o investimento en obra social reduciríase en máis dun 75 por cento, unha partida da que precisamente os comerciantes obteñen achegas para poder levar a cabo as súas campañas de fidelización.

    Redacción Salnés