As Sinas desfruta co espectáculo do balonmán praia

VILANOVA> A praia das Sinas acolleu a celebración da primeira proba do Campionato Galego. Os Painkillers de Vigo alzáronse co triunfo no cadro masculino.

Vilanova foi sé da primeira proba do Campionato Galego de Balonmán Praia. Tratouse ademais do Torneo Ibérico desta modalidade, de ahí que participasen numerosos equipos procedentes de Portugal. Era ademais a única das seis probas das que constará o autonómico que ten carácter internacional.

A victoria caeu do lado galego no cadro masculino mentres que viaxou cara o país veciño nas mulleres. Nos homes, os Painkillers de Vigo eliminaron ós Atlantic Shark portugueses na primeira semifinal despois de impoñerse nos dous períodos de xogo. No outro duelo luso-vigués por clasificarse para a final o Espinho Praia Andebol impúxose ó Rikitales. Xa no partido polo título os Painkillers gañaron ó Espinho por 2-0 mentres que no partido polo bronce o Rikitales fixo o propio cos Atlantic Shark.

Nas mullers saltou a sorpresa. O Bunga porriñés chegara á final demostrando unha gran superioridade sobre o resto de rivais e impoñéndose sen apenas problemas ó Balonmán Caselas na rolda previa. Sen embargo no encontro decisivo o AAE/UTwo de Portugal adxdicouse o triunfo e deixou ás porriñesas coa mel nos beizos.

O Campionato Galego continuará a súa andaina esta vindeira fin de semana coa proba de Bueu. Por diante aínda quedará por visitar Sanxenxo, Vigo, Nigrán e A Guarda, lugar este último onde se porá peche ó calendario os días 30 e 31 de xullo.

Redacción Salnés