![]()
RIBEIRA> As novas instalacións, emprazadas nunha parcela do polígono de Xarás, acollerán un centro de formación e de encontros empresariais.
Despois dun longo proceso, no que houbo que facer fronte a dificultades operativas e de financiamento, por fin a nova sede do centro empresarial da construción vai tomando forma. As obras, iniciadas a primeiros de ano, avanzan a moi bo ritmo co que se prevé que poidan estar rematadas tralo verán.
{flowplayer}barbanza/novasedececb.flv{/flowplayer}
Con estas novas instalacións satisfarase unha vella demanda da patronal da construción que sempre avogou por mellora-la formación no sector. Así, acollerán diferentes cursos e foros de debate para detectar as posibilidades da comarca para saír da crise.
Á espera de que rematen as obras, a directiva da patronal xa iniciou os contactos con varias direccións xerais da Xunta na busca de financiamento para implantar cursos e ciclos formativos.
Redacción Barbanza







