Un acto de xustiza e de homenaxe para Bouza Brey

    homenaxe_bouza_brey100.jpgPONTEVEDRA> Galeguista, lingüista e xuíz recto. Así definiron onte a Fermín Bouza Brey na homenaxe que promoveu a Irmandade Xurídica Galega.

    {flowplayer}images/salnes/homenaxe_bouza_brey.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Galeguista, lingüista e xuíz recto. Así definiron onte a Fermín Bouza Brey na homenaxe que promoveu en Pontevedra a Irmandade Xurídica Galega.

    Descubriuse un busto do intelectual na praza que leva o seu nome e no acto estivo, entre outras autoridades, o director xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Destacou a labor de Bouza Brey a prol da lingua galega no ámbito da xustiza e avogou por difundir e continuar o seu legado. Nos discursos, todos coincidiron en sinalar este como un acto de xustiza no que se recoñece a ilusión e a entrega coa que traballou o intelectual e maxistrado.

    Na homenaxe estiveron tamén representantes da Deputación de Pontevedra e do ámbito xurídico galego, como o Fiscal Superior de Xustiza de Galicia. Por parte da familia, Isabel Bouza, filla do maxistrado, agradeceu a homenaxe.

    O busto de bronce instalado na praza Fermín Bouza Brey, a carón dos xulgados da Parda, é obra do artista José Morales, cunha base de pedra feita pola Escola de Canteiros. Amais deste busto, a Irmandade Xurídica Galega coordinou a edición do libro Fermín Bouza Brey, xuíz e galeguista.

    Redacción Salnés