A regata Galatea volverá unir Portonovo e Cabo de Cruz

    BOIRO> Esta fin de semana terá lugar a vixésimo primeira regata cruceiros Hotel Galatea – Trofeo pescamar. Os náuticos de Portonovo e Cabo de Cruz será os puntos de partida e de chegada desta proba que leva máis de seis anos unindo as dúas rías. Por sexto ano consecutivo, a regaya Hotel Galatea-Trofeo pescamar terá como destino o Club Náutico de Cabo de Cruz. Unha vintena de embarcacións partirán dende Portonovo a media mañá para arribar ó porto boirense ó redor das sete da tarde, onde terá lugar unha recepción e entrega de trofeo. O domingo realizarán o percorrido inverso. Haberá dúas categorías: a da clase ORC non clasificatoria e a de Solitario a dous puntuable para o campionato galego. A regata deste ano será máis vistosa aínda que en anteriores edicións posto que a saída coincidirá coa regata de traíñas da Liga AcT que se celebra tamén no porto crucense. A proba conta co patrocinio do hotel Galatea e o apoio do concello de Boiro que vén na promoción dos portos deportivos a mellor estratexia para situar ás Rías Baixas como punto de referencia do turismo náutico.