O concello da Pobra construirá un polideportivo na Granxa

    POBRA > O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, mantivo unha xuntanza co Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, coa finalidade de solicitarlle unha serie de melloras en varias infraestruturas deportivas existentes na localidade. A primeira das solicitudes facía referencia á construción dun pavillón polideportivo na parroquia de Santa Cruz, concretamente na Granxa, así como tamén varias reformas que deben acometerse de inmediato no pavillón de Venecia.

    O rexedor pobrés veu moi satisfeito da xuntanza mantida co Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, de quen conseguiu o compromiso de levar a cabo a construción dun pavillón polideportivo na parroquia de Santa Cruz, no lugar da Granxa.

    Maceiras Rivas entregoulle ó Director Xeral unha memoria valorada para a cuberta da pista polideportiva alí emprazada, pero por indicacións deste e acolléndose a un convenio de deportes sufragado a tres bandas, tanto pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o propio concello vai realizarse unha actuación de maior envergadura.

    O rexedor pobrés aproveitou tamén a xuntanza para expoñerlle ó Director Xeral as necesidades existentes do polideportivo de Venecia como son a realización duns novos vestiarios así como o acondicionamento da cuberta.

    Maceiras Rivas tamén lle comentou a Santiago Domínguez a posibilidade de pedirlle á Fundación Deporte Galego una subvención para a disputa na localidade dunha bandeira de traíñas.

    Por outra banda o executivo pobrés ten previsto con cargo ós presupostos municipais do ano que vén a realización do acondicionamiento das pistas do Castelo, así como levará a cabo un estudo das pistas de tenis de Venecia para a súa posible conversión, unha delas, en pista deportiva, e a colocación de alumeado con potencia suficiente como para desenvolver alí actividades deportivas con malas condicións de luz.

    Redacción Barbanza