A Deputación inviste 1’4 millóns de euros no centro social de Cabo de Cruz

    visitavillamarboiro_100_040608.jpgBOIRO > O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, visitou o concello de Boiro para anunciar novas inversións do ente provincial no municipio.

    {flowplayer}barbanza/visitavillamarboiro.flv{/flowplayer}

    Na que foi a súa primeira visita como vicepresidente da Deputación da Coruña a Boiro, Pablo Villamar, dou a coñecer importantes actuacións que se van realizar no municipio. Entre as máis importantes destaca a achega de cincocentos mil euros para finalizar a obra do centro social de Cabo de Cruz que se suman ós 800 mil euros destinados polo ente provincial na primeira fase.

    Dotación de servizos básicos

    Tamén cabe reseñar unha partida de 836 mil euros para a dotación de rede de saneamento e abastecemento en varios núcleos do municipio, no marco dun plan provincial de colaboración entre deputación e concellos que se desenvolverá ata o 2011.

    Estes investimentos poñen de manifesto o interese e especial atención que dende o ente provincial se ten destinado ó concello boirés. O seu alcalde, Xosé Deira, destacou especialmente as axudas destinadas á parroquia de Cabo de Cruz que, xunto coa construción do centro social, está a recibir un grande apoio no eido do asociacionismo e do deporte.

    No transcurso da súa visita, Pablo Villamar anunciou tamén outras actuacións aprobadas no último pleno como a construción de sendas peonís na estrada de Boiro Cespón. Todas estas inversións véñense engadir ás achegas incluídas no Plan de Cooperación Provincial, o POL, o POS ou outras actuacións en vías e infrasestruturas que nos últimos cinco anos superaron, tan só en Boiro, os cinco millóns de euros.

    Redacción Barbanza