RIBEIRA> O pregón do físico Jorge Mira da o pistoletazo de saída ás Festas do Verán de Ribeira. Uns días nos que o municipio énchense de veciños da comarca, e tamén de turistas, para desfrutar dun programa do máis variado. Un programa repleto de actividades para gustos que se prolongarán ata o domingo a media noite. En Ribeira todo está preparado para que gocen tanto mayores coma pequenos. Mentres os cativos compartían risas con Popín, os máis maiores facían plans para estes días de festa. Os concertos máis agardados, ademáis do de Macaco o sábado, é o de Seguridade Social, o venres, e o de Susana Seivane, o domingo, para desdedir a festa. E por suposto, tódolos días, a festa garantida coa verbena da noite. Uns días nos que Ribeira énchese aínda máis de visitantes, algo que agradecen, desde a hostalería. Iso sí, coa vila a rebosar, tamén xorden ese pequenos problemas para os seus habitantes. Aínda así, e como só son 5 días ao ano, a diversión e a troula marcarán desde hoxe o ritmo de Ribeira.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









