Sanxenxo acolle a celebración do Campionato Galego de BTT

SANXENXO> Mañá celébrase en Sanxenxo o Campionato Galego de Mountain Bike en modalidade rallie. Preto de 300 deportistas chegados de tódolos rincóns da comunidade participarán neste evento organizado polo Club Ciclista Corbelo.

Trala exitosa celebración da Transgalaica, no mes de maio, o Club Ciclista Corbelo lánzase agora co Campionato Galego de BTT-XC, ou o que é o mesmo, de mountain bike rallie. O evento celébrase mañá pola tarde, a partires das 17:00 no monte do Con, no Alto do Chan da Gorita.

Así o considebra tamén a Federación Galega de ciclismo que cada vez confían máis no Corbelo para a organización de carreiras. 

Ó redor de 300 ciclistas daranse cita na proba na que se decidirán os campións rexionais en nove categorías diferentes: cadetes, junior, féminas, elite, sub-23, sénior, máster 30, máster 40 e master 50-60.

O circuíto seleccionado para a proba consta dunha lonxitude de 7,5 quilómetros, ó cal os participantes terán que dar máis ou menos voltas dependendo da categoría. Un percorrido atractivo para o cliclista e o espectador  que alterna fortes subidas con baixadas técnicas e zonas de pedaleo rápido.

Redacción Salnés