Cambados conta para este ano cun orzamento de 8,2 millóns de euros

    aragunde100.jpgCAMBADOS> A corporación municipal aprobou onte, só cos votos a favor do PP, un presuposto de 8,2 millóns de euros para 2011.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_orzamento2011_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A corporación municipal aprobou onte, só cos votos a favor do PP, o presuposto para 2011.

    As contas para este ano ascenden a 8,2 millóns de euros, case medio millón menos que en 2010 pero o equipo de goberno asegura que mantén as partidas para entidade culturais e deportivas e que sube as de Atención Social.

    A oposición votou en contra deste orzamento. O PSOE quéixase de que a partida de investimentos é cada vez máis pequena e da falta de planificación do gasto. O grupo socialista falou de facturas excesivas de teléfono e luz, de comidas da terceira idade e de viaxes a Arxentina.

    O BNG lamentou que o PP nunca conte coa oposición para facer o orzamento e reclamou recortes reais, na área de persoal, considera por exemplo, excesivo tres persoas con dedicación á alcaldía; e tamén no capítulo de festexos. Para a Festa do Albariño hai consignados 250 mil euros, 25 mil menos que no 2010.

    Tamén se falou da débeda, que pese a pasar dun 49 a un 51%, o goberno local asegura que non se aumentou.

    Redacción Salnés