A POBRA> Preto de 400 corredores daranse cita no Campionato galego de Campo a Través que se celebrará na Pobra o 4 de marzo. A proba, con clasificación individual e por equipos, será valedoira para o Campionato de España.
O circuíto de Cabío acollerá o sábado día 4 o campionato galego de Campo a Través nas categorías alevín, infantil e cadete.
A Xunta volveu apostar polo circuíto pobrense dadas as súas excepcionais características así como a estreita colaboración que sempre brinda o concello da Pobra e a a asociación de Deportes e Atletismo Barbanza.
A proba, na que participará ó redor de 400 atletas, é clasificatoria para o Campionato de España de Campo a Través escolar. Estableceranse unha clasificación individual e outra por equipos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 28 de febreiro.