![]()
BOIRO> A obra está pendente de ser recepcionada á espera de que a empresa construtora solucione varias deficiencias existentes no seu interior.
{flowplayer}barbanza/parquingavellaneda.flv{/flowplayer}
A intención do goberno de Boiro pasaba fundamentalmente porque o novo aparcamento puidera entrar en funcionamento durante as festas, algo que non foi posible, xa que a obra aínda non foi recepcionada, ó presentar algunha que outra deficiencia.
Xestión pública
Dende o executivo seguen apostando por unha xestión pública deste espazo semellante á que se está a levar a cabo no parquing xa existente na praza do concello.
Máis aparcamentos
A próxima apertura deste aparcamento solucionará en certa medida os problemas de falla de estacionamento existente no propio casco urbano. Aínda así esta situación verase tamén mellorada unha vez que o novo executivo desenvolva o futuro PXOM coa apertura de novas rúas.
Redacción Barbanza







