Urbanismo proporá unha solución para o deslinde dos Areeiros

    RIBEIRA > A problemática do deslinde de Costas na zona dos Areeiros, no concello de Ribeira, podería estar resolto nun prazo de seis meses. Todo depende de se progresa ou non a proposta que a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta se comprometeu a elaborar e presentar ós veciños afectados no prazo dun mes. Trala reunión mantida con representantes da asociación A Batiola e voceiros dos grupos municipais as espectativas son positivas, aínda que os afectados insisten en que haberá que esperar resultados.

    areeiros_300_250906.jpgDespois de 10 anos de polémica, o problema entre os veciños de Castiñeiras e a Dirección Xeral de Costas polo deslinde da zona dos Areeiros parece estar en vías de solucionarse. Cando menos esta é a impresión coa que saíron os membros da asociación A Batiola e os voceiros dos grupos municipais do concello de Ribeira trala xuntanza mantida o pasado venres co director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Ramón Lueje. Segundo os asistentes, Lueje amosouse moi receptivo ás súas demandas, que consisten en que Costas revise as actuais calificación feitas no lugar dos Areeiros para que a zona de servidume e protección, contemplada actualmente a 100 metros da beira do mar, se rebaixe a 20. Tódolos asistentes á reunión coincidiron en que actual aplicación da lei de Costas é excesivamente prohibicionista en canto a posibilidade de novas construccións ou reformas nos edificios existentes, tendo en conta que hai casas edificadas máis aló dos 100 metros estipulados.

    En resposta ás peticións dos veciños, Lueje comprometeuse a recompilar toda a documentación e antecedentes vinculados á zona dos Areeiros coa fin de elaborar unha proposta que presentará ante os veciños nun prazo aproximado dun mes. O obxectivo é elaborar un proxecto unificado e consensuado para presentar posteriormente ante a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente. Aínda que Lueje avanzou unha nova que podería asegurar que as peticións do veciños saian adiante: a delegación de competencias na Xunta en materia de servidume e prtección de costas.

    Con esta delegación de competencias, a Dirección Xeral de Urbanismo de Galicia podería traballar cun criterio uniterio que solucionase por igual problemas semellantes que se están a dar noutras zonas do litoral galego.

    Redacción Barbanza