O comité de folga dos bombeiros denuncia o peche inxustificado do parque de Ribeira

RIBEIRA> O Comité de Folga e a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia veñen de amosar a súa indignación ante o peche do parque comarcal de Ribeira que cualifican de inxustificado.

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento da Coruña desprazou ós efectivos que estaban prestando servizos mínimos no parque barbanzán a Arteixo provocando así o peche da instalación que dá cobertura ós concellos de Ribeira, A Pobra e Porto do Son.

Critican dende o comité o clasismo social do que está a facer gala o consorcio privando ós cidadáns de certas comarcas dun servizo esencial en beneficio de outros.

Dende o inicio da folga indefinida é a terceira vez que o parque ribeirense vese obrigado a pechar ante a imposibilidade de manter os servizos mínimos por parte da administración posto que ata o de agora ningún bombeiro exerceu o seu dereito a folga.