O concello de Boiro asina un convenio para corrixi-las deficiencias do PXOM

    revisionpxom_100_271207.jpgBOIRO > O executivo boirés levará a cabo a revisión e correción do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en maio do ano 2003.

    Dende hai tempo o executivo boirés viña sinalando a necesidade de levar a cabo unha revisión do actual PXOM. Un feito que agora grazas ó acordo asinado coa empresa Consultora Galega poderá ser realizado.

    Os obxectivos que se marca o goberno municipal céntranse fundamentalmente na corrección das deficiencias técnicas e na adaptación á lexislación actual baixo un modelo de desenvolvemento sostible.

    Dende a súa chegada á alcaldía, o executivo local, agora bipartito, aludía ós defectos de tramitación do planeamento, aprobado á presa, segundo eles, polo anterior goberno municipal do PP en maio de 2003 e no que se observan numerosas deficiencias técnicas como é o caso de aliñacións desfasadas que deixan edificios fóra de ordenación, o aumento de edificabilidade en zonas que deberan ser reservadas como residenciais de baixa densidade como é o caso dos núcleos de Praia Xardín e escarabote, así como tamén a falla de previsión de zonas verdes e espazos abertos no núcleo de Boiro.

    Segundo o edil de Urbanismo o actual PXOM tampouco recoñece a condición urbana de núcleos consolidados, zonas costeiras que estaban clasificadas como terreos especialmente protexidos pasaron a ser consideradas como solos urbanos ou elimináronse proeccións específicas de valor paisaxístico e medioambiental sen xustificación.

    Crecemento sostible

    Agora segundo el incidirase en levar a cabo un deseño de crecemento sostible e ordenado do municipio, pensando nun espazo urbano coa un lugar de benestar e preservando a tipoloxía das diferentes zonas e núcleos do concello.

    Os traballos de revisión do PXOM terán unha duración aproximada de dous anos e un custe duns 334 mil euros, dos cales 210 mil partirán dunha subvención de Política Territorial.

    {flowplayer}barbanza/revisionpxom.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza