O Cuponazo da ONCE reparte máis dun millón de euros no Salnés

    cuponazocopy.jpgSALNÉS> As localidades onde caeu a sorte foron Vilagarcía, Ribadumia, Portas e Meis. Foron un total de dous premios de 150.000 euros e 29 de 35.000.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIO_ONCE_SALNES.flv{/flowplayer}

    O Cuponazo da ONCE repartiu sorte esta fin de semana no Salnés. Este sorteo deixou na comarca máis dun millón trescentos mil euros en Vilagarcía, Ribadumia, Portas e Meis. Hoxe estivemos cun dos vendedores dos boletos premiados, José Maneiro. OFF

    José Maneiro non se imaxinaba que estes días ía ser noticia grazas ós máis de setecentos mil euros que repartiu esta fin de semana no sorteo do Cuponazo da ONCE en Vilagarcía.

    El vendeu un cupón de cento cincuenta mil euros e 16 de trinta e cinco mil. Para el toda unha satisfacción xa que confesou que os agraciados eran clientes habituais que realmente o necesitaban. Ademais a satisfacción é dobre xa que era a primeira vez que repartía un premio desta envergadura.

    Un dos lugares onde José Maneiro repartiu sorte foi nun bar do barrio da Torre. Aquí vendéronse nove cupóns premiados con trinta e cinco mil euros.

    David Cabanelas, propietario do Bar o Rincón de Berdon, é un dos agraciados neste sorteo. El máis os outros oito premiados mercan sempre un boleto pero nesta ocasión a sorte chegoulles a eles.

    O Cuponazo tamén deixou sorte en Portas, Ribadumia e Meis da man de Remedios Torres outra vendedora da ONCE. Ela repartiu un total de seiscentos mil euros en premios nun cupón con cento cincuenta mil euros e outros 13 con trinta e cinco mil cada uno.

    Redacción Salnés