Amigos de Galicia pide a colaboración dos concellos

    fotoamigoscopia.jpg VILAGARCÍA> Esta mañá varios alcaldes reuníronse coa directiva da fundación para falar da creación dun consello asesor, que permita regular unha actuación conxunta.

    {flowplayer}images/salnes/AlcaldesFundacionAmigosGalicia.flv{/flowplayer}

    A esta reunión acudiron o alcalde e a concelleira de traballo e benestar de Vilagarcía. O alcalde de Portas, o de Cuntis, o tenente alcalde de Cambados e o concelleiro de asuntos sociais de Pontecesures.

    Ademáis tamén estivo presente a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López. Un dos puntos que se trataron nesta reunión foi a creación dun consello asesor que contará coa presenza dos alcaldes, as empresas e as entidades bancarias, coa finalidade de que tódolos que colaboran coa fundación teñan unha participación máis activa na mesma.

    Amigos de Galicia proporciona neste momento non só alimentos ás familias máis desfavorecidas, senón tamén artículos de hixiene persoal, roupa ou mobles. Esta fundación emite uns 5000 paquetes ó mes, e cada vez son máis os que precisan das súas axudas.

    Outro dos puntos que quixo destacar o presidente da fundación foi a importancia dos plans de inserción laboral que tratan de poñer en marcha con empresas. Sobre este punto a concelleira de traballo de Vilagarcía tamén destacou que dende o concello se está a traballar neste senso.

    Outro dos temas que se puxo sobre a mesa esta mañá, un dos máis destacados, foi a construción dunha nave para a fundación de 1600 metros cadrados, o que vai permitir centralizar a actividade loxística, creando unha súa propia infraestrutura para continuar dando o mellor servizo posible.

    Redacción Salnés