CALDAS> Arcos da Condesa celebra o seu 80 aniversario. A única entidade local menor organizou esta fin de semana un acto conmemorativo para celebrar as súas primeiras oito décadas de autonomía veciñal. O evento serviu para render homenaxe a todos os veciños que contribuiros aon desenvolvemento da entidade local menor. Tamén para facer un chamamento aos máis mozos da zona, coa vista posta no necesario relevo xeracional.
Cun acto de primeiro nivel, Arcos da Condesa, no concello de Caldas, conmemorou o seu 80 aniversario. A única entidade local menor da nosa contorna e unha das só nove que hai en Galicia naceu en 1946, logo dunha disputa xudicial arredor da xestión do monte. Esta fin de semana, autoridades de todos os niveis e, sobre todo, a veciñanza, celebrou este aniversario, todo un fito da autonomía veciñal en Galicia.
O acto conmemorativo serviu para render homenaxe a todas as persoas que contribuiron ao desenvolvemento da entidade local e, en especial, de todos os seus expresidentes. Tamén para facer un chamamento aos máis novos da zona, coa vista posta no necesario relevo xeracional.
A día de hoxe unha das principais competencias da entidade local menor segue a ser a xestión do monte, do mesmo xeito que cando naceu hai oito décadas.
Pero este organismo concon personalidade xurídica propia ten tamén capacidade de xestión de recursos propios. Asume tamén tarefas de limpeza e mantemento. Con todo, o seu alcalde reclama aproveita para reclamar máis capacidade de xestión.
Sabarís destaca a boa sintonía entre goberno e oposición. No pleno de Arcos da Condesa sentan socialistas e populares, veciños -conclúe o alcalde pedáneo- que só queren o mellor para a súa parroquia. El está a fronte desta entidade local menor dende as eleccións de 2023. Daquela foi unha moeda ao aire a que decidiu que el se puxese á fronte da entidade, xa que PSOE e PP quedaran empatados a 119 votos.










