Vilagarcía prepárase para un Encestarías de ‘Máximo nivel’

VILAGARCIA> Vilagarcía será a capital nacional do baloncesto a vindeira fin de semana coa celebración do torneo Encestarrías. A competición estará formada por tres equipos ACB, o Mombús Obradoiro, o Ucam Murcia e o Coonsur Betis, e un da bundesliga alemá, o Ewe Oldenburg. Ademais o torneo ofrecerá actividades alternas como o campionato de triplas, espectáculos de baile e o concerto Pick and Rock.

Todos os afeccionados do baloncesto estarán pendentes esta fin de semana do que aconteza en Vilagarcía. Xa que na vila terá lugar, os días 9 e 10, a sétima edición do torneo Encestarrías. Un evento que cada ano leva á vila baloncesto de primeiro nivel. Nesta ocasión participarán tres equipos da Acb: Mombús Obradoiro, Ucam Murcia e Coonsur Betis, e un da Bundesliga, o Ewe Oldenburg.

O evento conta co apoio das diferentes administracións. A deputación a cualifica como un evento único para a provincia.

Dende a xunta consideran que celebrar un evento con tanto nivel en Vilagarcía a escasas datas de comezar a Acb e a Bundesliga é un gran milagre.

A corporación municipal tamén mostrou o seu orgullo de poder celebrar en Vilagarcía un torneo como o Encestarrías. O alcalde agarda que para a próxima edición o campionato poda celebrarse nun pavillón de Fontecarmoa renovado.

No torneo poderá gozarse de xogadores da talla de James Anderson, ex xogador NBA e que gañou as dúas últimas Euroligas nas filas do Anadolu Efes de Estambul, agora nas filas do UCAM Murcia, e de Dragan Bender, o novo xogador do Obradoiro que no 2016 foi número 4 do draf da NBA. Moncho Álvarez, o adestrador do obradoiro referiuse ao Encestarrías como un torneo de máximo nivel.

O torneo tamén recupera actividades extras como é o caso do campionato de triplos, as actuación da Dance Academy de Vigo e do Club Arousa Gimnasia e celebración do Pick and Rock, que terá lugar nas rúas para devolver á vila o apoio mostrado no Encestarrías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí