Os funcionarios mobilízanse en contra dos recortes

    O SALNÉS> O Consello de Ministros aprobou hoxe o que é o cuarto paquete de reformas nos últimos sete meses.

    {flowplayer}images/salnes/consello_ministros.flv{/flowplayer} Unhas medidas que fan fincapé nas condicións laborais dos traballadores públicos; elimínase a paga extra de Nadal para os funcionarios; os días de libre disposición dos funcionarios ; os coñecidos como moscosos pasan de seis a tres, redúcense o número de liberados sindicais e facilítase a mobilidade dos empregados públicos.

    Os traballadores públicos non tardaron en saír a rúa; un exemplo destas mobilizacións encontrámola en Ravella, diante do Concello. Aquí, os traballadores do Consistorio aseguran sentirse indignados por verse obrigados a pagar unha crise que eles non provocaron. E é que estas medidas dictadas polo Goberno de Mariano Rajoy conseguiu que os sindicatos, por unha vez, se puxeran de acordo. Estas mobilizacións repetíronse ó longo e ancho de toda a xeografía nacional. O balbordo está a ser tal que o sindicato CSIF xa anunciou unha folga do sector público para o mes de setembro, da que falta por concretar a data e á que se agarda que se unan as dúas centrais sindicais maioritarias no país, CCOO e UXT.

    A nivel provincial, o Presidente Rafael Louzán asegurou que esta eliminación da paga extra vai a supoñer unha perda de poder adquisitivo do funcionariado de pouco máis dun millón de euros na Deputación de Pontevedra; un ente, que vai a pasar a ser fundamental na futura estructuración do mundo rural e no contexto actual do país. Louzán posicionouse en contra da reducción do número de concelleiros nas corporacións locais por entender que non van a supoñer un aforro económico importante.

    Estas medidas foron criticadas tamén por outros concellos do Salnés, como é o de Meaño, onde o seu alcalde Jorge Domínguez rompeu unha lanza á favor dos seus empregados exemplares, nun Concello no que, non só atenden os principais servicios axilmente, senón que o fan con superavit.

    Pola súa banda, o Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, asegurou que se está medida non era imposta ós políticos, eles, os políticos vilanoveses se suspenderían tamén a paga extra de Nadal para dar exemplo.

    E é que estas medidas que afectan ós funcionarios, tal e como ratificou o Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda, non son doadas de adoptar pero este é o momento no que os Gobernos ós distintos niveis deben ser máis responsables. Amais destas medidas lembrámoslles outras que entrarán en vigor en breve; como a subida do IVE do 18 ó 21 %; a reducción nun 20 % das achegas a partidos e sindicatos; a baixa da prestación por desemprego a partires do sexto mes ou a eliminación da deducción por compra de vivenda.

    Redacción Salnés