![]()
VILAGARCÍA> O Cortegada presentou esta mañá ó seu novo patrocinador. A empresa de comunicación Thetrend Social.com aposta polo proxecto deportivo do club vilagarcián a través dun acordo que pretende ser duradero.
{flowplayer}images/salnes/Cortegada_080711.flv{/flowplayer}
Despois de desvelar onte o segredo, esta mañá o presidente do Cortegada Ramón Estévez e o vicepresidente José Antonio Gorgoso, presentaron en sociedade ó seu novo sponsor, Thetrendsocial.com. Unha empresa de comunciación con presencia en España, Italia, Francia e proximamente en Brasil que traslada a súa base de operacións de Oporto a Vilagarcía.
O acordo económico non está pechado entre ambas partes, aínda que o contrato sí está asinado dende o mércores e a inscripción do equipo en Liga Femenina 2 dende onte. A aportación do novo patrocinador roldará o 30% do orzamento total para a temporada que ven.
Non queren poñer unha data de caducidade á vinculación de ambas partes, aínda que pensan que será para moitos anos. Dende o club apuntaron que seguirán traballando para completar o orzamento que falta. Confían en cubrir tódalas necesidades entre publicidade, socios e venta de lotería na rúa.
No aspecto deportivo, o club comezará agora a deseñar o plantel que dirixirá Pepe Vázquez. Gorgoso asegurou tamén que xunto a Pepe sentarase no banquiño Nacho Rebollo, que fará as funcións de segundo adestrador.
Redacción Salnés





