Tomás Fole abandona a política municipal para dedicarse de pleno a nacional

    VILAGARCIA> Tomás Fole presentou a súa renuncia como portavoz municipal e concelleiro do Partido Popular en Vilagarcía. O aínda edil ata finais de mes, pon fin a case 14 anos formando parte da corporación de Vilagarcía. O edil máis veterano da corporación municipal de Vilagarcía renuncia a súa acta como concelleiro e portavoz do grupo municipal do PP na vila. Tomás Fole di que o fai para dedicarse plenamente a súa labor como deputado nacional no Congreso dos Deputados. A decisión de Fole fíxose pública despois de transmitirlla a aos integrantes do novo Comité Executivo e despois de informar a dirección do partido a nivel provincial. Cabe recordar que en maio de este ano, Fole renunciou a presentarse a reelección como presidente do PP no congreso local, do que saíu elixido o seu agora máximo representante, Alfonso González Gallego, quen afirma que seguirán contando con Tomás e a súa experiencia. O PP da así continuidade a renovación que o PP provincial pretende levar a cabo no partido de cara as municipais de 2019 . A renuncia non se fará efectiva ata o seguinte pleno ordinario, cando se presente oficialmente esta renuncia por escrito.