O Sanxenxo reúne ós irmáns Diego e Nel Blanco

SANXENXO> Diego renovou o seu contrato co equipo amarelo por unha temporada máis mentres que Nel deixa o Portonovo para formar parella de ataque co seu irmán. O Sanxenxo tamén ficha a Jorge Segura.

O que moveu hoxe o mercado de fichaxes foi o Sanxenxo, que tamén renovou ó seu capitán. Despois de varias semanas de incertidume, finalmente Diego Blanco quedarase no Sanxenxo canda menos unha temporada máis. E vaino facer xunto co seu irmán Nel, que onte comprometíase co Sanxenxo logo de abandonar o Portonovo. O Presidente Manuel Veiga cumpre así o seu soño de xuntar ós irmáns Blanco na dianteira do Sanxenxo.

Ademais o club tamén confirmou a fichaxe do central Jorge Segura, tamén procedente do Portonovo.

Con Nel e Segura son xa cinco as fichaxes realizadas polo Sanxenxo: as outrras tres foron o porteiro Velay, o centrocampista Victor e o xogador procedente do Ribadumia, Borja.

Redacción Salnés