Deputación e Federación de Ciclismo únense para crear canteira co ‘mini BTT’

PONTEVEDRA> O ciclismo tamén ten un espazo para os máis pequenos. A Deputación de Pontevedra asinou esta mañá un convenio coa Federación Galega para a organización de nove carreiras  de mini BTT en toda a provincia, tres na comarca de O Salnés. As probas están incluídas na Copa Deputación de Pontevedra e está previsto que participen máis de 300 nenos.

 

Preto de 300 nenos de entre 5 e 14 anos pasarán pola provincia de Pontevedra para participar no circuíto da Copa Deputación de Mini BTT.

Na organización das probas, a Federación contará coa colaboración da Deputación. Begoña Estévez explicou a sinatura deste convenio por parte do ente provincial como un paso máis na aposta polo deporte base.

As probas, puntuables para o circuíto galego, celebraranse entre os meses de maio e agosto. Das nove, tres pasarán por Cambados, Poio e Sanxenxo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/btt_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/btt_deputacion.mp4{/flowplayer}