![]()
RAXÓ> Segundo o patrón maior a situación está chegando a converterse en insostible. Cada vez son máis os aparellos que acaban totalmente rotos por estes animais.
{flowplayer}images/salnes/AtaquesArroacesRaxo.flv{/flowplayer}
Este é o principal problema, que segundo estes mariñeiros, as crías de arroaz estanse xa acostumando a alimentarse deste xeito, e ademais neste momento está habendo unha superpoboación desta especie.
Un aparello pode chegar a custar máis de 300 euros e con estes ataques ó cabo dun ano ou dous hai que cambiar todo o pano, cando antes podían chegar a durar máis de 20 anos.
Para intentar alargar a vida dos aparellos fan o que se chama aliñoalos, pero a eficacia para a pesca non é a mesma
Unha das posibles solucións a este problema poderían ser estes aparatos eléctricos.O seu funcionamento baséase na emisión dunha frecuencia que impide ós arroaces detectar as redes. Están a dar moi bos resultados no Mediterráneo, pero parece que a especie de arroaz das nosas rías é distinta e polo de agora non se deu coa frecuencia exacta para despistalos.
Dende a confraría de Raxó piden as administracións que se aumente a investigación neste senso para tratar de mellorar este sistema.
Redacción Salnés








